COLEXIO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O Colexio de Xeógrafos é unha institución relativamente nova, constituída , logo dun longo proceso, no 2001, mercé á Lei 16/1999 de creación do Colexio de Xeógrafos. A pesar desta xuventude, é unha institución asentada, e que conta cunha crecente presenza. Co obxectivo de achegar o Colexio ás realidades das distintas autonomías, fóronse creando diversas delegacións territoriais, ficando constituída a Delegación Galega en decembro de 2004. Coa creación do Colexio, e nomeadamente, da súa Delegación en Galicia, deuse un paso vital para incorporación efectiva da Xeografía na vida social, política e económica da nosa terra. En consecuencia, o seu obxectivo principal é que, do mesmo xeito que acontece noutras comunidades ou países do noso contorno, a Xeografía galega sexa unha disciplina coñecida e respectada, e  que ofreza a Galicia novas visións, novas análises e sobre todo novas análises e sobre todo novas solucións ós complexos retos territoriais que temos que facer fronte. Para conseguir todo isto xa contamos con profesionais da Xeografía  formados e capacitados para traballaren  en múltiples sectores e achegaren a súa visión sintética da realidade dinámica e variada na que vivimos. Dende a Delegación  Galega do Colexio de Xeógrafos trabállanse para conquerirmos a  plena integración desta profesión no mercado laboral, así  como pra defender e darnos a coñecer tódalas súas potencialidades de cara a aumentar o coñecemento das realidades territoriais e propor solucións acaídas ás diferentes problemáticas existentes.