Noticias

I OLIMPIADA XEOGRÁFICA DE GALICIA

Obxectivos: A I Olimpíada de Xeografía de Galicia persegue fomentar o interese dos alumnos por esta ciencia, que se atopa estreitamente ligada ao territorio e que nos axuda a coñecer e comprender o mundo no que vivimos, tanto o medio natural como as actividades humanas que se desenvolven nel.

Organización: Está organizada pola Delegación Territorial do  Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Participantes: Poden  participar todos os alumnos matriculados en segundo curso de bacharelato que cursen a  materia c  de Xeografía en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia. A participación é individual e pódense presentar un máximo de cinco alumnos por centro.

Inscricións: Os centros educativos interesados deben cumprimentar o impreso de inscrición que se atopa na web do Colexio de Xeógrafos de Galicia (http://galicia.geografos.org/es/) ou na do Departamento de Xeografía (http://www.usc.es/xeograf/). Debe haber un profesor responsable dos alumnos participantes. As inscricións poden enviarse por correo electrónico a xeografosgalicia@gmail.com ou por correo postal á seguinte dirección:

Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos

 

Apdo. 41 – 15780 – Santiago de Compostela

O prazo de inscrición finaliza o día 28 de Febreiro de 2015

Ficha Incrición Olimpiada

Bases I Olimpiada Geografía Galicia Gallego