Noticias

III CONCURSO ESCOLAR AGE “Explica-Xeografía coas túas fotos”

O III Concurso Escolar da Asociación de Geógrafos Españoles (AGE) ten coma obxectivo espertar e fomentar o interese pola Xeografía no alumnado de ESO e Bacharelato. Este ano o tema é “Explica-Xeografía coas túas fotos”.

BASES:

1º. Concursarase mediante a presentación:http://galicia.geografos.org/wp-admin/post-new.php

  • – Dunha fotografía ou dunha montaxe fotográfica en formato dixital dun tema xeográfico.
  • – Dunha breve explicación do tema xeográfico representado na fotografía que resulte clara e didáctica.

2º. Pode concursar todo o alumnado de ESO e Bacharelato dos centros de ensinanza do estado español. Os alumnos poden presentarse de xeito individual ou en equipo e só poderán concursar cunha foto ou montaxe fotográfica “Explica-Xeografía”. 3º. Os traballos, que deben ser orixinais e de creación propia dos autores, poden expresarse na lingua que o alumno seleccione e  deben ter o visto bo dalgún profesor de Xeografía do centro educativo. 4º.  Os traballos remitiranse por correo electrónico á Secretaria da Asociación Española de Geógrafos (age@cchs.csis.es). Enviaranse catro arquivos independentes:

  • 1: Fotografía nun dos formatos seguintes: JPG, TIFF, PNG.
  • 2: Lugar e data de realización da foto, con explicación do tema  xeográfico fotografado (entre 60 e 120 palabras).
  • 3: Nome e apelidos do autor/a; o curso e o centro educativo.
  • 4: Nome e apelidos dun  profesor/a de Xeografía do centro educativo que teña dado o visto bo a o traballo e que sirva de contacto coa organización, xunto coa súa dirección de correo electrónico.
  • 5º. O prazo de presentación dos traballos comezará o 1 de decembro de 2014 e rematará o día 31 de marzo de 2015 ás  14 horas.
  • 6º. O concurso consta de dúas fases:

1ª fase: concurso organizado polo Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta fase realizarase unha selección das cinco mellores fotos “Explica-Xeografía” en función de criterios didácticos, de calidade e orixinalidade para participar na 2ª fase estatal. As cinco fotografías seleccionadas nesta fase recibirán un premio nun acto organizado polo Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. A este acto serán invitados os gañadores así como os   seus correspondentes profesores e familiares.

2ª fase: concurso estatal no que participarán as cinco mellores fotos “Explica-Xeografía” seleccionadas na 1ª fase en cada unha das comunidades autónomas participantes. Será o pleno da Xunta Directiva da AGE o encargado de seleccionar os tres mellores traballos, que recibirán un premio de 125€. En ámbalas dúas fases as comisións organizadoras do concurso avaliarán os traballos a partir dos arquivos 1 e 2, garantindo así o seu  anonimato.

  • 7: As   fotos gañadoras e as seleccionadas na primeira fase formarán parte dun documento gráfico que será difundido e enviado tanto aos Departamento de Xeografía universitarios coma aos centros educativos de ensinanza secundaria. Estes traballos poderán ser difundidos e utilizados pola AGE en diversa documentación relacionada coa ensinanza da Xeografía citando a súa autoría.
  • 8: A participación supón a aceptación das bases do concurso. Para calquera aclaración contactar con age@cchs.csis.es

III CONCURSO ESCOLAR AGE