Profesión

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Xeografía é unha disciplina esencialmente transversal, que abrangue aspectos variados que afectan tanto ó eido das Ciencias Sociais, como ó das Humanidades ou ás Ciencias da Terra. Polo tanto, o gran valor desta profesión é o seu carácter de punto de encontro, adaptado á realidade complexa  que nos arrodea, sendo quen de desenvolver unha visión sintética e dinámica desa diversidade.

Nese contexto , e mercé a un estudo feito polo propio Colexio de Xeógrafos, podemos concretar os eidos profesionais da Xeografía en cinco grandes grupos:

Estratexias e xestión do desenvolvemento socioeconómico e territorial

  1. Medio Ambiente e recursos naturais
  2. Planificación territorial e urbanística
  3. Tecnoloxías da información xeográfica
  4. Divulgación da cultura territorial